“Estamos de estreo coa páxina web e estreamos sección de medio ambiente.
Aquí poderás atopar todo o traballo feito dende a FGM no eido medioambiental e consultarnos ante calquera dúbida.

Como xa coñecedes a FGM e a Fundación Oso Pardo están a colaborar xuntas en distintas accións de divulgación ambiental. Vimos de rematar unha infografía e un vídeo didáctico en galego para a difusión de consellos para percorrer as montañas con presenza de oso pardo mentres practicamos deportes de montaña, que poñemos á vosa disposición nesta sección.

Estamos a piques de adentrarnos no outono e os encontros con osos poden suceder, por esta razón e para que a vosa experiencia sexa o máis agradable posible, recomendamos que consultes a infografía e o vídeo divulgativo antes de saír á montaña en zonas con presenza de oso pardo. Para que disfrutes do teu encontro con este marabilloso animal que habita nas nosas montañas.


Nota: Podes levar esta infografía no teu móbil, e difúndea entre os teus coñecidos. Premendo no QR da infografía podes acceder ao vídeo divulgativo.”

Saba González Lorenzo
Vogal de Medio Ambiente

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade