O Concello de Rianxo, coa colaboración do Club de Montaña 22 Pés, organiza a VI ANDAINA DO BARBANZA “CONCELLO DE RIANXO”, o domingo 29 de de setembro de 2024.
A proba forma parte da Liga Galega de Sendeirismo da Federación Galega de Montañismo.
Tamén se poderá disputar unha andaina menor (16Km) non putuable. Escolle a túa distancia.
Percorridos e programa
Establécense dous percorridos circulares, un de 25 Km. e outro de 16 Km. aproximadamente, que percorren
as parroquias de Taragoña, Araño, Asados, Leiro e Rianxo.
O programa xeral é o que se detalla a continuación:
• 8:00 h. Punto de encontro e recollida de dorsais – Pavillón Municipal de Rianxo “José M. Abuín – Chema”.
• 9:00 h. Saída da proba da Praza Virxe de Guadalupe
• 15:00 h. Hora estimada de remate da proba.
• 15:30-16:00 h. Entrega premios e remate do evento.
Retirada de dorsais no Pavillón Municipal de Rianxo “José M. Abuín – Chema”:
1. Sábado 28 de setembro, de 10 a 14 h. e 16 a 20 h.
2. Domingo 29 de setembro, a partir das 8 h.
Máximo responsable da organización: Moncho Sampedro Muñiz