Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Xornada de Inclusión e Difusión dos Deportes de Montaña | A CORUÑA

3 Decembro, 2025

A Coruña | Xornada de Inclusión e Difusión dos Deportes de Montaña

Dende a Federación Galega de Montañismo (FGM), coa colaboración da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME), da Agrupación de Montañeiros Independentes (AMI) e do Concello da Coruña, impulsamos unha xornada de achegamento aos deportes de montaña dirixida a todas as persoas. Para iso, organizamos dous eventos coincidindo co Día Internacional da Discapacidade, que se celebrará o vindeiro 3 de decembro.

• Evento de mañá 10:00 a 13:30 – Rocódromo municipal de Riazor

Pola mañá, todas as persoas con discapacidade que se acheguen ao rocódromo municipal de Riazor poderán desfrutar dun “Bautismo de escalada”, guiado por técnicos especializados na disciplina. Ademais, terán a oportunidade de coñecer a instalación e o material empregado habitualmente nesta modalidade deportiva.

• Evento de tarde 18:00 a 19:30 – Mesa redonda Salón de Actos do Centro de San Diego

Pola tarde celebraremos unha mesa redonda na que participarán diferentes deportistas con discapacidade de varias modalidades da FGM, así como familiares e responsables de centros de referencia que acoden regularmente a actividades de montaña. A través das súas historias, vivencias e reflexións, poderemos afondar no papel da discapacidade no eido do montañismo. Ao remate, abrirase un espazo para formular preguntas e compartir dúbidas.

Estades todos e todas convidados/as a participar nestas xornadas, nas que agardamos que o espírito da montaña vos inspire e se converta no xermolo de novos montañeiros e montañeiras, sexa cal sexa a vosa situación persoal. Porque na montaña, ninguén queda atrás.

Detalles

Protagonista

  • Federación Galega de Montañismo

Recinto

  • Rocódromo Municipal de Riazor
  • Estadio de Riazor - Avda. Habana
    A Coruña, A Coruña 15011 Spain
    + Google Map