A I Proba COPA GALEGA de ESCALADA de DIFICULTADE en Idade Escolar celebrarase en Pontevedra o 27 Abril 2025.
A proba está organizada polo club Aromon Pontevedra
Categorías: Prebenxamín (Sub – 9), Benxamín (Sub – 11), Alevín (Sub – 13), Infantil (Sub – 15) e Cadete (Sub – 17)
Cotas de participación: 15 € en todas as categorías
O regulamento que se aplicará durante o campionato é o Regulamento de Competicións de Escalada da FGM para o ano 2025, aprobado en Comisión Delegada o 22 de xaneiro de 2025.