A FGM e a FDMESCYL planificamos un encontro/reunión común orientado ao alpinismo, trátase do IV Encontro do Alpinismo Galego (da FGM) e da edición XVII que se fai esta actividade en Pena Ubiña, á que a FGM se suma orgullosa e motivada. Unha proposta para afirmar o alpinismo actual destes territorios, compartir e visibilizar as montañas máis próximas, que sentimos como nosas, en colaboración cos nosos veciños do val de Babia, ese lugar que tanto nos deu e ao que tanto lle debemos todos os alpinistas do noroeste.
Obxetivos xerais:
✓ Afirmar e asentar o alpinismo galego e castelán-leonés, creando grupo e interactuando con todo o alpinismo próximo que se desenvolve na Cordilleira Cantábrica.
✓ Dar a coñecer contornos próximos, difundir o coñecemento das montañas onde facemos actividade e as súas xentes.
✓ Buscar espazos de comunicación entre os/as montañeiros/as, espazos formais e informais onde ver as novas tendencias e as novas actividades, una visión do alpinismo moderno.
✓ Profundizar na seguridade e na formación, crear espazos técnico-formativos para visibilizar a importancia destes aspectos.