O pasado domingo, 23 de febreiro, realizouse en Noia (A coruña) a primeira actividade da III Liga Galega de Andainas 2025, na cal participaron 675 andaregos dos 740 inscritos na actividade, dos cales 490 realizaron a modalidade de 25 km e 185 a de 15 km.

No recibimento, durante o período de entrega de dorsales serviuse a todos os participantes chocolate con churros que preparou no lugar da convocatoria Churrería Rafa.

Previo á saída, o concelleiro de deportes agradeceu a asistencia dos participantes, á súa vez que o vogal de andainas da FGM.

A continuación as catro seguintes probas no calendario da Liga Galega invitaron aos asistentes a participar na súa proba.
Tras as explicacións do percorrido por parte da presidenta do Club Trabandainas, organizador da proba, douse inicio á actividade.

Ás 9 da mañán saíron os participantes na modalidade de 25 km, e dez minutos despois douse saída aos de 15 km.

Durante a ruta camiñouse por sendeiros do monte de Noia, baixouse por unhas escaleiras existentes no monte para servizo dos antigos traballadores da Central Hidroeléctrica, á súa vez que pola propia Central, na que se pode observar unha edificación diseñada polo arquitecto galego Antonio Palacios, polos anos 1927. Camiñouse un bo tramo ao marxe do Río Tambre e puidose observar a ponte medieval de Pontenafonso.

Ao longo do percorrido poideron desfrutar de 3 avituallamentos (1 no caso de 15 km).

Á chegada nas inmediacións había servicio de duchas para todos os participantes e unha vez restaurados puideron gozar da paella, cociñada no propio recinto, por Gastrolab Arousa.

Tras un período de festa, con música ambiental, fíxose entrega dos trofeos premiando a regularidade durante o recorrido.

 

Resultados Control de Regularidade Noia 25 km 2025

– 1° clasificado masculino – Evaristo Fandiño – dorsal 158
– 2° clasificado masculino – Antonio González Fiuza – dorsal 220
– 3° clasificado masculino – Ricardo Catoira Mariño  – dorsal 108

– 1° clasificado feminino – Mari Ces – dorsal 110
– 2° clasificado feminino – Lourdes C. Núñez – dorsal 69
– 3° clasificado feminino – Verónica Sieiro González  – dorsal 457

* Participante + veterano masculino – Xosé Lois Freixeiro
* Participante + veterano feminino – Ángela Castro González

* Participante + xove masculino – Alexandre Freixeiro López
* Participante + xove feminino – Xoana Méndez Gonzalez

– Club máis participativo – Club de Montaña Xistra

Tamén se realizaron sorteos de varios premios, doacións de negocios de Noia, tras o cal douse clausura do evento.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade