O pasado sábado 14 de xuño, Ferrol acolleu con entusiasmo a última edición da marcha de 50 km Costa Ártabra, unha cita que superou todas as expectativas tanto en participación como en ambiente.

Con case 200 persoas inscritas, o evento reuniu a amantes do sendeirismo de toda Galicia nunha xornada que, contra todo prognóstico meteorolóxico, agasallou ás participantes cun día espléndido. O sol e as paisaxes impresionantes da costa ferrolá acompañaron boa parte do percorrido, facendo desta edición final unha auténtica celebración do esforzo, da natureza e da comunidade.

As persoas participantes coincidiron en destacar a excelente organización do Club Montaña Ferrol, que durante anos levou adiante esta esixente pero apaixonante marcha con rigor e dedicación. Aínda que esta edición se presentou como a derradeira no seu formato actual, moitas xa soñan cun novo evento semellante no 2026.

Desde aquí, só podemos dicir: Grazas e parabéns! E por suposto, vémonos nos camiños.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade