Despois de chegar ao C2 do Makalu, unha forte afonía obrigoume a baixar desde o ABC para recuperarme. Foron días duros, sen voz, pero tamén cheos de humanidade: sherpas, cociñeiros e xente marabillosa coidando de min cun sorriso, un té quente ou un simple xesto.
Agora, xa mellor, intento regresar ao Makalu mentres o tempo decide. Neve, falta de visibilidade e horas agardando nun helipad perdido entre montañas. E aí, na madrugada fría de Dingboche, entendín outra vez que ás veces as mellores historias nacen precisamente cando nada sae como estaba previsto.
Porque o tempo non espera. E cada instante que non vivimos, pérdese para sempre.

— Roberto López


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade