
Como xa manifestábamos no anterior Comunicado, comezamos unha lenta volta á normalidade, a denominada “desescalada”, a nivel xeral e deportivo no noso caso particular, como sabedes Galicia e unha das comunidades españolas que entrará na totalidade do seu territorio este 8 de xuño na denominada Fase III do desconfinamento gradual. Comeza o Goberno da Xunta de Galicia reasumindo as súas competencias dentro desta volta gradual a normalidade, tendo sempre en conta a excepcionalidade do complexo caso do Covid-19. Coa Xunta estamos a traballar intensamente nun protocolo para aplicar nas diferentes actividades da FGM e os clubs que a compoñen.
Xa vos adiantábamos en comunicacións anteriores a través da Web e Facebook, que seguimos a traballar con moitas ganas para poder voltar o antes posible a retomar a actividade deportiva, competicións, tecnificación, ensino, etc., o que temos que ter en conta sempre, e que os pasos que demos terán como primeiro obxectivo a “prática deportiva con seguridade”, dada a nosa preocupación polo tecido deportivo, os nosos deportistas e clubes.
Empezan a saír documentos como as Recomendacións post covid 19 para Deportes de Montaña e Instalacións Deportivas feitos pola FEDME e Federacións Autonómicas de Montaña orientados a complementar a información no ámbito deportivo, documentos do Ministerio de Cultura y Deporte, Consejo Superior de Deportes, etc., continuamos a manter contactos multilaterais por vías telefónicas ou telemáticas e video conferencia coa Xunta de Galicia, as Federacións deportivas autonómicas galegas, a FEDME e as Federacións de Montañismo das CCAA.
Dende o Ministerio de Cultura e Deporte, polo momento, insístese en que “Calquera actividade permitida deberá desenvolverse en condicións de seguridade, autoprotección e distanciamento social, nos términos que se determiñen”.
Na práctica deportiva para federados e necesario levar a Licencia Deportiva da Federación Galega de Montañismo do ano 2020, por si fora requerida pola autoridade competente.
A Federación seguirá informándovos como vimos facendo puntualmente das novas que nos cheguen por medio das canles oficiais, desexándovos o mellor nestes complicados momentos que esta a vivir, ata que sexan superados o antes posible.
Unha forte aperta, para todos os Montañeiros Galegos Federados e Clubs de Montaña, dende a FEDERACION GALEGA DE MONTAÑISMO.