Transparencia

A Federación Galega de Montañismo é unha persoa xurídica sen ánimo de lucro con plena capacidade, recoñecida pola Xunta de Galicia e amparada pola Lei do Deporte de Galicia. A súa actividade consiste en agrupar aos deportistas e clubs do deporte do montañismo de Galicia e colaborar cos organismos públicos na promoción e regulación deste deporte en tódalas súas variedades, segundo consta nos seus Estatutos. Coma federación deportiva galega é unha entidade privada sen ánimo de lucro que, xunto coas funcións que lle son propias, exerce por delegación funcións públicas delegadas (art. 51.4 da Lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia).

Normativas aplicables:

  • Lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia, ou norma que a substitúa.
  • Decreto 85/2014, do 3 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, ou norma que a substitúa.
  • Orde do 8 de setembro de 2010 pola que se establecen os criterios para a elaboración de regulamentos e a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas, ou norma que a substitúa.
  • Resolución do 8 de setembro de 2009, da secretaría xeral para o Deporte, pola que se ditan as Normas de bo goberno das federacións deportivas de Galicia, ou ou norma que a substitúa.
  • Resto de normativa aplicable ás federacións deportivas que se aprobe, así como a propia de cada entidade (Estatutos, Regulamentos, etc.)
Estatutos da Federación Galega de Montañismo  
 
Mellor Club Federación Galega de Montañismo

 

Transparencia e bo goberno

 

Composición da Asemblea Xeral da FGM

Dende mar.2015 os membros electos da Asemblea Xeral non perciben retribucións por cuestión do seu cargo).

Ver Composición da Asemblea Xeral da FGM

 

Membros da Xunta Directiva: (OS CARGOS DIRECTIVOS DA FGM SON VOLUNTARIOS E SEN RETRIBUCIÓN POR CUESTIÓN DE CARGO)

Persoal asalariado da Federación:

A Federación ten persoal asalariado: 1 persoa para secretaría e 1 persoa para a dirección técnica deportiva. Tódalas retribucións son recollidas dentro das Contas Anuais da FGM.

 

Programa: EU SON DGAN
FGM | 2019