O pasado fin de semana celebrouse en Vigo a Gala do Deporte da provincia de Pontevedra organizado pola Deputación, e na que estivo presente a Federación Galega de Montañismo.

O acto comezou dando aos deportistas olímpicos da provincia o protagonismo que merecen cun vídeo recopilatorio das súas grandes xestas, un recoñecemento aos que participaron nos Xogos Olímpicos deste verán en París e un coloquio de seis das grandes figuras olímpicas e paralímpicas da provincia.

Seguido da proxección dun resumo audiovisual das grandes competicións celebradas en Pontevedra, e algunhas intervencións de invitados, como a do presidente da Deputación de Pontevedra, que explicou o motivo da celebración desta gala: “É un xeito de dicir admirámosvos e grazas”, resumiu Luis López poñendo en valor o labor dos deportistas olímpicos, de elite, dos amateur, dos de base, do adaptado, do femenino ou de lendas como Paco Amoedo, boxeador vigu´es fallecido o mes de Xulio; así mesmo recoñeceu o traballo de técnicos, adestradores, fisioterapeutas, directivos, federacións, empresas, administracións e, mención especial, para as familias.

Foron máis de 400 persoas relacionadas co mundo do deporte as que déronse cita no pavillón do IES Castelao de Vigo para gozar dunha gala marcada polo agradecemento, o recoñecemento e a emoción.