A Federación Galega de Montañismo celebra a súa Gala Anual que terá lugar o sábado 23 no Hotel Coia, rúa Sanxenxo, nº1. Vigo, ás 20:30h.

Entregaranse os recoñecementos que fai a federación anualemente, conxuntamente nesta ocasión tamén farase a entrega dos premios o alpinismo galego, que xa vai pola sua II edición.

  • Mellor Club Galego: Club Montañeiros Celtas
  • Participación masiva na copa de Andainas: Clube de Montaña Xistra
  • Participación na Copa Galega de escalada en bloque: ASESOU
  • Participación en cursos FGM – EGAM: AROMON en Pontevedra
  • Maior número competidores na Copa Galega de Carreiras: Running Sport Trail de Ourense
  • Organización actividades federativas: Peña Trevinca M. G.
  • Participación na Copa Galega de escalada base: Club Montañeiros Celtas
  • Promoción das licencias deportivas: Club Montañeiros Celtas
  • Mención especial polos 75 anos como clube en activo: Peña Trevinca M. G.
  • Membros honra da EGAM: Antonio Veiga, Constancio Veiga
    Antonio Fernández, y Jose Ramón Melón.
  • Habituais agasallos da Copa de Andainas

IIº PREMIOS DO ALPINISMO GALEGO este ano recoñecemos as seguintes actividades:

  • MELLOR ACTIVIDADE:
    LUÍS PENÍN: pola escalada de Beta Block Super, 300 mts. V, WI 7 X. (Kandersteg- SUÍZA)

Incombustible escalador de rocha e xeo, Luís Penin leva tempo acostumándonos ás escaladas máis
difíciles e arriscadas, desde os M13 de Law and Order ou Game Over ata a apertura de vías
extremas como Lúa (6a expo, M10, WI6/6+, 130 metros) en Vallunga -Dolomitas-. Nesta ocasión
estamos diante dunha das escaladas máis extremas en xeo: Beta Block Super, 300 mts. V, WI-7 X.
(Kandersteg- SUÍZA) talvez falemos da máxima dificultade que se pode facer e onde hai que levar a
condición fisica e mental aos límites do escalador.

 

  • MELLOR TRAXECTORIA:
    CHUS LAGO REY: por unha traxectoria deportiva simplemente xenial.

Quen non coñece á premiada este ano pola FGM!! Chus acaba de regresar da travesía que realizaron
polo lago Baikal, dentro do seu proxecto “Compromiso por la tierra”, pero a traxectoria de Chus
Lago é enorme: desde as paredes cercanas do Faro de Budiño ou A Peneda vimos ascender á nosa
protagonista polos xigantes do planeta, primero Cho Oyu e despois o Everest, conseguindo ser a
primeira muller española e a terceira mundial en ascender sen osíxeno ao cumio da planeta, aínda
que tivo que usalo durante dúas horas no descenso. Chus ten roto todos os límites: primeira
española en acadar o Leopardo das Neves, título que a recoñece como conquistadora dos picos máis
altos da antiga URSS (Pico lenin, Khan Tengri, Pobeda, Korjenesvskaia e Sonori) todos con alturas
superiores aos 7000 mts, ten aberto novas cascadas de xeo na área dos Annapurnas e novas rotas de
escalada no isolado e inhóspito macizo Visón (Antártida). A historia deportiva de Chus é enorme
pero unha das fazañas máis salientables é a travesía antártida na que alcanzou o Polo Sur despois de
59 días en solitario, convertíndose na primeria persoa española en conseguilo. Chus Lago,
simplemente unha figura xenial do alpinismo galego!!

 

  • MELLOR PROMOCIÓN:
    CLUB PEÑA TREVINCA, pola actividade da súa Sección Xuvenil de Montaña

O Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia é unha referencia para os alpinistas galegos, e xa
conta con 75 anos de historia. No ano 2006 comezaron a traballar cunha sección denominada “Pais
con Nenos” que foi o xémolo da chamada “Sección Infantil”. Foi a partires de 2014, cando xa había
unha base importante de rapaces, o momento de crear a “Sección Xuvenil”, a partir dos doce anos e
cun calendario máis extenso e dinámico, diversificando con outras actividades relacionadas como a
escalada, espeleoloxia ou barranquismo, mesmo chegando a orientalos cara cursos especificos de
formación impartidos pola Escola Galega de Alta Montaña como o de montañismo invernal. Un
traballo de base enorme e continuado no tempo que se merece o noso recoñecemento.

 

One thought on “Gala do Montañismo Galego 2018

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

FGM | 2019