Que pasada de fin de semana vivimos en Cáceres coa Selección Galega de Escalada no CESA 2025!

Máis alá dos resultados, o encontro estivo marcado pola incrible cohesión e o excelente ambiente do noso equipo. Un verdadeiro pracer ver o alto rendemento demostrado por todos e cada un dos nosos/as seleccionados/as!

Volvemos para casa con nada menos que 6 medallas que demostran o talento galego:

OURO! para Iván Pacios en Velocidade Sub 17.

PRATA! para Nora Maestu en Velocidade Sub 17.

BRONCE! para Irene Gómez en Velocidade Sub 15.

PRATA! para Javi Gento en Velocidade Sub 15.

OURO! para Mateo Vasconez en Velocidade Sub 15.

PRATA! para Xoel Lores en Dificultade Sub 15.

Pero o traballo en equipo foi clave, e este esforzo colectivo valeunos un merecidísimo ¡SEGUNDO POSTO como a segunda comunidade con máis puntos na categoría Sub 15! Un logro que nos enche de orgullo e que demostra a forza da nosa canteira galega!

Ademais, o resto da selección tamén demostrou un nivel altísimo. Mencións especiais para Carolina Prida, Naiara de la Iglesia, Adriana Tuñez, Lucca Benigni, Tiago Carballo e Consuelo Graña polo seu incrible desempeño!

Non queremos esquecer o incrible traballo do equipo técnico: un enorme agradecemento a Paio Xosé, Fausto Blanco e Araceli Vale por guiar e apoiar aos nosos/as deportistas en todo momento. A súa dedicación foi fundamental!

Para rematar, un millón de grazas á organización, árbitros e setters por unha competición estupenda e super divertida. E, por suposto, ¡un GRACIAS enorme á vila de Cáceres por acollernos e deixarnos refrescarnos nas súas piscinas para combater eses ¡42 graos de media! ☀️

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade