Dende hoxe estamos xa na coñecida como nova normalidade. Eso non quere dicir que podemos actuar como antes da declaración de pandemia pola COVID-19, seguerá a haber unha serie de medidas protocolarias de obrigado cumprimento. As medidas para o deporte federado estante a desenvolver coa Xunta de Galicia, que dende hoxe recupera as competencias.

Hai que seguer a respetar as medidas de hixiene e seguridade que administración pública exprese.

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

3.21. Práctica da actividade deportiva federada de competencia autonómica.

1. A práctica da actividade deportiva federada de competencia autonómica poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, e ata un máximo de 25 persoas simultaneamente no caso dos adestramentos. Non se aplicará este límite nas competicións onde as regras federativas garantan espazos diferenciados para cada equipo. No caso de realizarse en instalacións deportivas, a práctica axustarase ademais aos termos establecidos para as mesmas.

2. Sempre que sexa posible, durante a práctica da actividade deportiva deberá manterse a distancia de seguridade interpersoal. Para estes efectos, para a realización de adestramentos e a celebración de competicións, as federacións deportivas galegas deberán dispor dun protocolo, que será aprobado mediante resolución da Secretaría Xeral para o Deporte, no que se identifiquen as situacións potenciais de contaxio, atendendo ás vías recoñecidas polas autoridades sanitarias, e no que se establezan as medidas de tratamento de risco de contaxio adaptadas á casuística.

O dito protocolo será de obrigada observancia para o conxunto dos estamentos federativos e deberá publicarse na páxina web da federación deportiva.

Se desexamos ampliar a información:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200613/AnuncioC3K1-120620-1_gl.html

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

FGM 2019