NON DEIXES PASAR A OPORTUNIDADE DE FORMARTE EN GALICIA PARA CHEGAR A SER GUÍA DE MONTAÑA OFICIAL
Pensamos que todos clubes de montaña deberían de ter entre os seus
socios técnicos que podan dinamizar a vida deportiva dos socios
ofrecendo formación e actividades dirixidas. Ademáis, ao ser técnico
deportivo, a presentación programas e actividades ante institucións e
empresas, sempre contará con persoal cualificado.
O noso director da escola David Pérez conqueriu un acordo cun novo centro de formación de técnicos deportivos de montaña cunha vantaxe no coste da matrícula moi interesante, redución do 50% do prezo oficial. Un acordo de última hora entre SAFE Formación e a Federación Galega de Montañismo fai que todas as persoas federadas en montañismo en Galicia neste ano 2018, poderán matricularse na proba de acceso deste mes de setembro en #Manzaneda.
Calquer dúbida que teñan que contacten co centro de formación.