Henrique Freixeiro asistiu ás XXXI Xornadas de Sendeirismo e Sendeiros da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada, celebradas os pasados días 7, 8 e 9 de novembro na localidade de Alcalá del Júcar (Albacete).
O Vogal de Andainas e Sendeirismo, acudiu como representante da federación autonómica a este foro estatal, considerado o principal punto de encontro para os técnicos e responsables do sendeirismo en España.

As xornadas, organizadas pola Federación de Deportes de Montaña de Castela-A Mancha en colaboración coa FEDME, desenvolvéronse baixo o lema «Pasado e Presente dos Sendeiros homologados». O programa incluíu relatorios técnicos, mesas de traballo e a celebración do Comité Estatal de Sendeiros e Sendeirismo.

O obxectivo do encontro foi analizar a situación actual da rede de sendeiros homologados (GR®, PR® e SL®), debater sobre a súa evolución e establecer criterios comúns para a súa xestión, mantemento e promoción. Tratáronse temas como a innovación tecnolóxica aplicada ao medio ambiente, a reversión económica dos sendeiros e a situación actual destas infraestruturas deportivas.

A presenza da FGM nestas xornadas é fundamental para aliñar as estratexias da rede de sendeiros de Galicia coas directrices nacionais, así como para intercambiar coñecementos e boas prácticas co resto das federacións territoriais.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade