I Proba Copa Galega de Escalada Base 2019 – Vigo

A primeira proba da Copa Galega de Escalada Base celebrouse o domingo día 5 de maio no Pavillón Municipal das Travesas de Vigo, organizada polo club Montañeiros Celtas e a FGM. A participación de rapaces e rapazas foi elevada, sesenta e cinco, vintenove rapazas e trinta e seis rapaces. Presenza en todas as categorías, dende prebenxamín a cadete, vidos dos clubes ASESOU, ALUD, AMI, MONTAÑEIROS CELTAS, MONTAÑA A CORUÑA e AROMON. Pero o máis gratificante de todo foi o nivel de escalada amosado. Nótase que día a día nenos e nenas progresan nas habilidades propias da escalada, tanto técnica como físicamente. A capacidade de loita que demostraron fixo que aqueles de nós que estabamos como público aplaudimos con forza animandoos sen parar.

Dende a FGM queremos agradecer aos pais, nais, adestradores e representantes de clubes o traballo que se está a facer cos máis xoves, e especialmente co futuro do noso deportes, os nenos e nenas máis pequenos que onte participaron na proba.

Debaixo podedes ver algunhas imaxes tomadas durante o desenvolvemento da competición

 

 

Dende á FGM queremos seguir animando a todos e todas as persoas implicadas na difusión da escalada dende a base, e que se manteñan as escolas deportivas, fonte de onde virán a participar.

Lembrarvos que a póxima proba será na Coruña o domingo 26 deste mes no Pavillón Municipal de Riazor

Grazas e a seguir no traballo.