Dende a FGM, queremos por en valor o gran rendemento e a calidade técnica amosada por todos os nosos deportistas. Fixestes un traballo impecable, competindo ao máximo e demostrando que o esforzo nos adestramentos dá os seus froitos no muro. Parabéns a todos polo voso gran papel!
Nesta proba, destacamos especialmente a Xoel Lores, que logrou meterse nas finais e acadar un fantástico 5º posto. Un resultado excelente nun contexto onde o nivel non deixa de medrar e estar nestas competicións é un reto maiúsculo.
Grazas de ❤️

Este camiño é un éxito compartido e queremos agradecer o apoio de:
* Ao equipo técnico pola súa dedicación e traballo constante.
* Á organización por facer posible este evento.
* E ás familias que se desprazaron para dar folgos e estar ao pé do muro.

Seguimos medrando e escalando xuntos!


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade