Na imaxe os gañadores en categoría Absoluta: 1º José Manuel Iglesias Siso – Club Atletismo Sada
2º Miguel Parra Ameijide – Club Atletismo Sada
3º Héctor Vázquez Rey – CDM Xesteiras

Este sábado 31 de maio, 150 participantes déronse cita no concello de Culleredo para a primeira proba de marcha nórdica da Copa Xunta de Galicia e o Trofeo Municipal de Marcha Nórdica de Culleredo.

O Club de Atletismo Sada, entidade organizadora, xunto coa Federación Galega de Montañismo, conseguiron levar a cabo este evento, reunindo a persoas de todos os ámbitos da vida. Tamén houbo espazo para participantes con discapacidade da Asociación Aspadisol de Oleiros, que desfrutaron dun circuíto polo paseo marítimo da ría do Burgo co resto da comunidade.

Moitas grazas á xente do Club de Atletismo Sada, do Concello de Culleredo e da Federación Galega de Montañismo que traballaron e colaboraron para que poidamos seguir desfrutando dun deporte como a marcha nórdica.

Vémonos en Santiago!

Na imaxe o podium Feminino de Absoluta:

1ª Nazaret Tilve Costas – Nordic Walking Vigo
2ª Elena Giraldez Rivero – Club atletismo Sada
3ª Lucía Álvarez Touriñan – Club atletismo Sada

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade