Hoxe partíu a selección de Escalada da FGM para competir no que se celebra en Plasencia durante os días 26 ao 28 nas instalación do Cerezawall. Son nove xoves cheos de ilusión, nervios e ganas de facelo ben, que nos representarán a todos nós na categoría de cadetes e infantís.
A selección de escalada é o froito de manter activo o programa de tecnificación, e bo traballo dos técnicos e adestradores dos rapaces e rapazas. Evidentemente, todo esto apoiase na ilusión de todas as nenas e nenos integrados no programa, o esforzó das nais e pais e a axuda dos clubs aos que pertencen.
Dende a FGM, e como director técnico, sabemos que as nenas e nenos darán todo o que teñan nos momentos da competición, e eso os fará e as fará merecedoras de todo o noso apio e aplausos.
Desexamos que sobre todo desfruten na competición dende o inicio ao final, e que esta experiencia os encha de ilusión e ganas para seguer con máis intensidade e motivación os programas de adestramento, e o gusto por escalar.
Moito ánimo e adiante que vos estamos a apoiar.