
Os pasados días 29 de febreiro e 1 de marzo tivo lugar está concentración de alpinistas galegos no pobo de Maraña no macizo do Mampodre, que representou un gran éxito de afluencia realizándose todas as actividades previstas pese a contar cunha meteoroloxía variable.
O programa foi intenso con actividades, charlas, audiovisuais, cea con entrega de agasallos os alpinistas recoñecidos Nesta edición, despois das deliberacións do xurado das últimas semanas. Na cea o presidente da F. G. M. Adolfo Puch fixo entrega dos galardóns otorgados a Luis Penín Guzmán pola 1ª repetición da vía Stirb Langsam (M 11+/WI 6+) con David López, e a Manolo González Fernández pola súa traxectoria alpinística, tamén lle foi entregado un recoñecemento a Félix Criado Alonso pola súa colaboración e intervención cunha charla-conferencia e varios audiovisuales da súa trayectoria alpinística.
Do mesmo xeito se fixeron entrega de placas conmemorativas e de agradecemento a Federación de Montaña, Escalada e Sendeirismo de Castela e León, a Subdelegación do gobernó en León, a Comandancia e Greim da Guardia Civil de León e ao Concello de Maraña na persona do seu alcalde Omar Rodríguez Bulnes .
Finalmente o Presidente destacou a inxente labor desenrolada polo Vogal de Alpinismo e Director do Encontro Xosé Manuel Otero e a colaboración de Cristina Conde e Xosé Manuel Pérez Prego Director Técnico da F. G. M.. O domingo seguiu o programa con prácticas na montaña e charlas.
Ver máis fotos: