II Proba da Copa Galega de Escalada Base 2019 A Coruña

No Pavillón Municipal de Riazor, A Coruña, celebrouse a II proba da Copa Galega de Escalada Base cunha moi boa participación de xoves escaladores e escaladoras. Foron un total de 76 repartidos en catogorías desde prebenxamín hasta xuvenil.

A proba contou ca colaboración na organización do club AMI, ao que agradecemos o esforzo realizado. Sen esquecer o esforzo feito polo equipo arbitral resposable de que estas competicións desenvólvanse segundo criterios deportivos.

Os xoves viñeron dos clubs ASESOU (Ourense), Bestarruza (Mugardos), AMI (A Coruña), Montañeiros Celtas (Vigo), AROMON (Pontevedra), Alud (Vigo) e Club de Montaña A Coruña (Coruña).

Dar as grazas a todos e todas as participantes, os xoves escaladores, as nais e pais que acompañaron a todas as nosas promesas no ámbito da escalada, e os clubs que manteñen as escolas deportivas de escalada, de onde xurden os e as competidoras desta copa.

As campioas e campións galegos nas diferentes categorías sairán da proba que se celebrará en Ourense o sábado 15 de xuño. Lembrar que a inscrición está aberta e nos vemos todos alí.

A seguer escalando e desfrutando. Vémonos

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.