
Na Coruña, o domingo día 26 de maio, no rocódromo do Pavillón Municipal de Riazor, celebrarase a segunda proba da Copa Galega de Escalada Base 2019, organizada polo club AMI.
A copa estase a celebrar cunha participación de xoves moi satisfactoria, e parece ser que esta segunda proba manterá ese nivel de participación. Da gusto ver a cantidade de rapazas e rapaces que desfrutan destas competicións que teñen por obxectivo fomentar o gusto pola escalada nun ambiente de convivencia distendido entre todos eles.
Agredecer as nais, pais e clubs o esforzo que supón formar, estimular e estar pendentes de estes xoves escaladores e escaladoras durante as competicións, futuro do noso deporte. Os clubs son os sementeiros de onde xurden todos estos nenos e nenas que asegurarán o relevo na actividade da escalada. Desexamos que a mais de participar nas competicións cheguen a probar e practiar a escalada en rocha.
Tamén queremos animar aos amigos e compañeiros de todos os rapaces e rapazas a que se acheguen ao pavillón a animar. A axudar a que suban máis e mellor cos gritos de ánimo.