PEÑAS DE PRAO (Cubillas de Arbas -León-)
14 e 15 de maio de 2022

Despois da magnífica experiencia que tivemos hai dous anos durante o IIº Encontro de Alpinismo Galego, e continuando coa boa relación establecida entre os federados/as, os patrocinadores e tendas de referencia, na Federación Gallega de Montañismo (FGM) planificamos unha nova reunión anual de características similares á desenvolvida en febreiro de 2020 en Maraña. Desta xeira en Peñas de Prao, dedicado á escalada en rocha en terreo de aventura, outro apartado fundamental para a practica do alpinismo, neste caso, noutro dos lugares da Cordilleira Cantábrica que tanto nos ten dado e terreo de xogo habitual dos alpinistas galegos e, por extensión, de todo o noroeste da península.

Como sempre, esta xuntanza está deseñada para os clubs e deportistas galegos, porque o Encontro é para nós, é a nosa forma de crear sinerxias positivas que se retroalimenten desde o punto de vista deportivo e institucional, é o punto de encontro de todos os montañeiros e montañeiras de Galicia. Temos unha fin de semana completa de actividades e unhas paredes magníficas nun lugar precioso para compartirmos.

Gardade estas datas na vosa axenta, xa vos mandaremos os prazos de inscrición, programa e toda a info das actividades, desta vez ….. ¡¡VÉMONOS NA ROCHA DE PEÑAS DE PRAO!!

Preme aquí para descargar o cartel en versión PDF


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade