Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209 - VIGO

secretaria@fedgalmon.gal

986 20 87 58

III Proba da I copa xunta de Galicia de Marcha nórdica da Federación Galega de Montañismo e Open de Maercha Nórdica Pereiro de Aguiar, 11 de xuño de 2023.

Desexamos informarvos da III Proba da Copa Xunta de Galicia de Marcha Nórdica da Federación Galega de Montañismo e Open de Marcha Nórdica O Pereiro de Aguiar, que terá lugar o 11 de xuño de 2023.

  • LUGAR: Monte da Chaira. Pereiro de Aguiar
  • DATA: 11/06/2023
  • INSCRICIÓNS: ata o 8/6/23 ás 14 horas. Faranse por medio do seguinte  FORMULARIO (CLICKA AQUÍ)
  • ORGANIZA: Vogalía de Marcha Nórdica Asesou
  • COLABORAN: Concello de Pereiro de Aguiar e da Federación Galega de Montañismo

LÍMITE DE PARTICIPANTES: 150 PERSOAS: A organización reservarase o dereito de cambiar o número de participantes se fose necesario. Se se dá o caso respectarase a orde de inscrición.

LUGAR DE SAÍDA E CHEGADA: Pavillón de Pereiro de Aguiar 42.339278, – 7.787174

MÉTODO DE PAGO: Todas as persoas participantes teñen que pagar primeiro o open/copa para logo poder achegar o comprobante de pago no formulario antedito de inscrición.

Número de conta:  IBAN: ES62 2100 2182 0702 0044 2368

Beneficiario: Escola marcha nórdica ASESOU

Concepto: Inscrición Copa Nome completo: 15€ federados, ou

Concepto: Inscrición Open nome completo: 12€ federados ou 17€ non federados

A TER EN CONTA:

  • Facer a inscrición implica que todas as persoas participantes asumen os riscos da práctica de marcha nórdica nunha proba deportiva.
  • A organización, fará un seguro de día da Federación Galega de Montañismo para os/as deportistas que non posúan a licenza federativa e ten un seguro de responsabilidade civil, co cal estárá exenta de indemnizar polos danos que poidan sufrir os/as participantes no desenvolvemento do open como de calqueira prexuízo da saúde derivado polo esforzo físico que se poida facer durante a proba. Achegar no formulario licencia federativa.
  • Os participantes autorizan aos servizos médicos a facer todo o necesario para manter a saúde, evitar lesións ou agravamento por algunha que se poida producir ou polo esforzo físico.
  • A organización non é responsable da desaparición de obxectos persoais, así como deterioración dos mesmos u o seu posible roubo ou extravío.

DESENVOLVEMENTO DO OPEN E COPA

Desenvolverase un open e unha copa de marcha nórdica nun circuíto polo roteiro polo Monte da Chaira, ao cal se dan varias voltas. Para o open (dúas voltas) son case 8 quilómetros e para a copa (catro voltas) case 13 km, transcorre.

  • A saída e a chegada ao Pavillón de Pereiro de Aguiar.

Sign Up for Our Newsletter

Get weekly email containing tips about construction and everything relating with it

Zero spam. You can unsubscribe anytime

Skip to content