IIº Encontro de ALPINISMO GALEGO MACIZO DO MAMPODRE 29 de febreiro e 1 de marzo de 2020. Maraña (León)

II ENCONTRO DE ALPINISMO GALEGO

MACIZO DO MAMPODRE (Maraña -León-)
29 de febreiro e 1 de marzo de 2020
Despois da magnífica experiencia que tivemos hai dous anos durante o Iº Encontro de Alpinismo Galego, e continuando coa boa relación establecida entre os federados/as, os patrocinadores e tendas de referencia, na Federación Gallega de Montañismo (FGM) planificamos unha nova reunión anual de características similares á desenvolvida en febreiro de 2018 en Peña Ubiña. Neste caso no Macizo do Mampodre, outro dos lugares da Cordilleira Cantábrica que tanto nos ten dado e ao que tanto lle debemos todos os alpinistas do noroeste.

O desenvolvemento dunha reunión destas características supón una organización complexa, na que hai que implicar a moitas persoas, mais o seu éxito depende da oferta ampla e acertada de actividades, na conciencia de grupo e, principalmente, da persistencia de valores que superan unhas regras non escritas e que aínda mantemos os amantes da montaña.

Esta xuntanza está deseñada para os clubs e deportistas galegos porque o Encontro é para nós, é a nosa forma de crear sinerxias positivas que se retroalimenten desde o punto de vista deportivo e institucional, é o punto de encontro de todos os montañeiros e montañeiras de Galicia. Este é o lugar onde nos relacionamos, compartimos experiencias e descubrimos outra montaña próxima, con actividades que nos permitirán gozar das múltiples facetas que toca o alpinismo, alén de aprender das novas técnicas e puntos de vista a través de talleres e seminarios. Temos un fin de semana completo de actividades e unhas montañas preciosas para compartir.

A reunión pretende crear un espazo de comunicación entre alpinistas, distendido e motivante, un lugar onde nos encontremos e vexamos as tendencias de alpinismo actual, mais tamén se trata de dar a conocer o contorno, as súas enormes montañas e os preciosos vales de pequenos regatos, con augas que se misturan na cola do embalse de Riaño.
VÉMONOS EN MARAÑA….

O prezo de incrición no IIº encontró de alpinismo é de 8€, incluíndo a cea son 23€ que deberán ser ingresados na conta da FGM: Abanca ES20 2080 5104 8630 4001 6923. Cando teñas o pagamento feito podes cubrir o FORMULARIO (enlace ao formulario abaixo)
PROGRAMA DO II ENCONTRO Programa II Encontro
ALGÚNS ALOXAMENTOS NA ZONA Aloxamentos Encontro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.