IIº PREMIOS DO ALPINISMO GALEGO
Gala Anual da FGM 2019

A Federación Galega de Montañismo (FGM) ten a ben convocar, por segundo ano consecutivo, os PREMIOS DO ALPINISMO GALEGO, co obxectivo de recoñecer e valorar as actividades feitas durante este ano, no período que vai desde os anteriores premios 2018 ata a concesión dos actuais de 2019, concederanse 3 categorías:

  • MELLOR ACTIVIDADE (durante o período sinalado: 24/02/2018 – 28/02/2019).
  • MELLOR TRAXECTORIA (pode ser traxectoria xuvenil ou a toda unha vida)
  • MELLOR PROMOCIÓN (actividades de difusión e promoción do alpinismo)

Lembremos en 2018 era a primeria vez que a FGM facía este recoñecemento aos/ás deportistas galegos, aqueles premios foron feitos ao aveiro do Iº ENCONTRO DE ALPINISMO, sendo premiados:

• CARLOS GARRIDO pola Mellor Actividade (Norte do Eiger).
• FELIX CRIADO pola Mellor Traxectoria en Activo.
• LUCAS RODRÍGUEZ pola Mellor Traxectoria Xuvenil.

 

 

Desde aquela fixemos algunhas modificacións, imos aprendendo dos erros ou afinando nos acertos, nesta edición introducimos un aspecto fundamental e aberto á comunidade alpinistica galega: calquera persoa, club, empresa ou colectivo pode presentarse, ou presentar a outro que considere merecedor de tal recoñecemento, sen ningún compromiso, simplemente o xurado valorará a súa suxestión. Neste senso pedímosvos toda a colaboración posible!

Estes IIº Premios do Alpinismo Galego, alén dun recoñecemento público, queren pór en valor as actividades que realizan os deportistas e as deportistas galegas neste ámbito, establecer puntos de encontro do alpinismo e visibilizar este deporte, que transgrede o espazo competitivo tradicional, para adentrarse nun contorno máis particularizado onde o salientable é a extraordinaria natureza destas xestas e o mérito deportivo de alto nivel como reto persoal e humano. A aventura non se pode cuantificar pero podemos comprender a súa excelencia igualmente.


CARACTERÍSTICAS XERAIS:

  • Quen pode presentarse como candidato: calquera que considere que é merecedor/a dunha destas distincións (sexa individuo, colectivo, ou empresa) pode ser candidato e presentarse por si mesmo. Tamén poden ser presentados/as por amigos/as, Clubs, empresas ou outros colectivos que así o consideren, sen ningún compromiso, simplemente o xurado valorará a súa suxestión.
  • Período e prazo de presentación: Periodicidade anual, no espazo que vai desde os premios 2018 (24/02/2018) ata a fin do prazo de presentación, que se estenderá ata o 28/02/2019
  • Categorias: as tres sinaladas anteriormente:

• MELLOR ACTIVIDADE (durante o período sinalado: 24/02/2018 – 28/02/2019).

• MELLOR TRAXECTORIA (pode ser traxectoria xuvenil ou a toda unha vida)

• MELLOR PROMOCIÓN (actividades de difusión e promoción do alpinismo)

  • Premios: De momento non teñen dotación económica, podería establecerse algún tipo de agasallo supeditado á situación financieira no momento da entrega dos premios. Basicamente constitúen un recoñecemento federativo a estas actividades non competitivas.
    O xurado pode considerar deixar algún premio deserto.
  • Xurado: Os premios serán concedidos por un xurado plural, expertos/as en varios ámbitos do alpinismo, cunha traxectoria deportiva contrastada e, en xeral, alleos á directiva da FGM. O número de persoas que formarán o xurado será de 5, que chegarán a un acordo, na medida do posible, ou votarán en caso de discrepancia. Calquera membro do xurado que fose
    proposto para algún premio ausentarase das deliberacións e/ou votacións da categoria á fose presentado. Un dos membros do xurado, nomeado polo propio xurado, será o Coordinador e, xunto con alguén nomeado pola Vogalía de Alpinismo da FGM -que non terá nin voz nin
    voto-, supervisarán a admisión de actividades e as propostas de premios nunha aplicación informática, alén de aclarar as dúbidas, en caso de xurdir, sobre este regulamento. As candidaturas poderán recibir votación pública na páxina de facebook da FGM, habilitarase unha fórmula nos últimos días, para poder sinalar as preferencias nas
    actividades presentandas, que será valorada polo xurado, sen que iso lle supoña ningún impedimento para decidir libremente, pois será este órgano o que tomará a derradeira decisión.
  • Como enviar as candidaturas. CUBRIR O SEGUINTE FORMULARIO:

FORMULARIO PARA PRESENTAR CANDIDATURAS

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.