INCLUSIÓN

PLAN CORRESPONSABLES MONTAÑISMO 2024

O Plan Corresponsables 2024 e un proxecto financiado pola Xunta de Galicia, en concreto, pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a través da Secretaría Xeral para o Deporte, pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, ademais de polo Ministerio de Igualdade e da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.

A Xunta de Galicia a través da Federación Galega de Montañismo, puxo en marcha esta iniciativa coa finalidade de impulsar a igualdade e a conciliación familiar, así como de profesionalizar o sector deportivo con emprego de calidade e de fomentar a práctica gratuíta do montañismo en toda a comunidade.

Actualmente a Federación Galega de Montañismo, a través de convenio cos diferentes clubs do montañismo galego e outras entidades está a desenvolver as actividades en diferentes puntos da xeografía galega, actividades que se poden desenvolver, neste caso, dende agosto a novembro de 2024.

Terán prioridade na inscrición:

  • Familias monomarentais
  • Familias monoparentais
  • Vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra a muller
  • Mulleres en situación de desemprego de longa duración
  • Mulleres maiores de 45 anos
  • Unidades familiares nas que existan outras cargas relacionadas cos coidados

Actividades: O programa de actividades inclúe actividades socio – deportivas con carácter lúdico.

 

Enlace ás páxinas do Plan Corresponsables

MULLER E MONTAÑA

A Federación pretende proseguir escribindo a historia da muller alpinista, promover a súa presenza nas diferentes actividades que se promoven desde a FGM e desde a Escola Galega de alta montaña (EGAM); nos grupos de tecnificación, así como en profesións ligadas ao montañismo, visualizando a súa presenza decidida no panorama actual da montaña.

Ademais da nosa web, tamen podes atopar nas nosas redes todas as actividades que realizamos e noticias que afectan o mundo profesional, competitivo e deportivo das mulleres na montaña.

 Outras accións: Adopción do acordo de anexión á Acción colectiva de sensibilización social, contra as violencias machistas. 

“En Negro Contra As Violencias” é unha campaña de denuncia e sensibilización social contra a violencia de xénero promovida por máis de 70 concellos galegos.

Os obxectivos da campaña son:

  • Fomentar unha acción de sensibilización cidadá contra as violencias machistas no ámbito.
  • Implicar ao tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como a toda a cidadanía, nunha resposta colectiva de rexeitamento da violencia de xénero e dos asasinatos machistas.
  • Identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións verbais que están detrás da violencia de xénero a través do uso de materiais de campaña específicos por parte da cidadanía, establecementos comerciais e axentes sociais.

Máis info: www.ennegrocontraasviolencias.gal

FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO

Rúa Fotógrafo Ksado, 17
Oficina 10
36209 Vigo

 

T. 986 208 758
secretaria@fedgalmon.gal

 

HORARIO

Luns a venres: 08:00 a 15:00 h.
Os martes e mércores ademáis: 16:00 a 19:00 h.

Agosto: Pechado

ATENCIÓN TELEFÓNICA

Luns a venres: 10.00 a 14.00 h. e martes e mércores 16:00 a 19.00 h.