Cómo Federar un club deportivo
Procedemento para ser un club pertencente á Federación Galega de Montañismo
1º – Inscribirte como club deportivo na Secretaria Xeral para o deporte da Xunta de Galicia
DOCUMENTACIÓN
Solicitude de inscrición: modelo normalizado PR946A
Razón social: cubrirase coa denominación autorizada polo Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.
O club debe estar en posesión dun NIF expedido pola AEAT para as persoas xurídicas. No caso de non dispoñer do NIF, deixarase sen cubrir este apartado e actuarase por medio dunha persoa representante, que se identificará e asinará a solicitude na sede electrónica.
Considérase suficiente a representación pola persoa que figura como presidente/a na acta de constitución que presente a entidade.
Acta de constitución, asinada por un mínimo de cinco (5) persoas promotoras, físicas ou xurídicas.
Na acta debe constar:
Identificación das persoas promotoras, domicilio e NIF.
Expresión da vontade de constituír un club e a súa denominación, que terá que coincidir coa sinalada nos estatutos.
Lugar, data e sinatura das persoas promotoras.
Identificación das persoas que integran o órgano provisional de representación ou xunta directiva.
Modelo de acta fundacional
O prazo para solicitar a inscrición da escritura de constitución será de dous meses desde o seu outorgamento.
Estatutos asinados por todas as persoas promotoras, e redactados co contido mínimo establecido no artigo 47 da Lei 3/2012, do deporte de Galicia.
Modelo de estatutos. Acta de aprobación dos estatutos, onde conste a data aprobación dos estatutos, asinada polas persoas titulares da presidencia e da secretaría.
Modelo de acta de aprobación de estatutos.
Relación de membros da xunta directiva. Nome e apelidos, NIF, teléfono e correo electrónico. Debe estar asinado por cada membro para a aceptación expresa do cargo.
2º – Solicitar a alta na Federación Galega de Montañismo
Inscrición do Club na Federación Galega de Montañismo, podes contactar:
Teléfono : 986 208 758
ATENCIÓN TELEFÓNICA
Luns a venres: 10.00 a 14.00 h.
E martes e mércores 16:00 a 19.00 h.
REQUISITOS
Solicitude, por escrito, da alta na Federación.
Copia dos Estatutos do Club ca firma electrónica ou firma e carimbo da Xunta no caso de clubs antigos.
Resolución de rexistro de inscrición de entidades deportivas e da Secretaría do Deporte da Xunta de Galicia.
Relación dos compoñentes da Xunta Directiva do club (nome, NIF, domicilio e teléfono).
Copia do NIF do clube.
Acta Constituínte.
Correo electrónico
Pagar a cota de alta: 150 €.
Solicitar no ano da solicitude un mínimo de 10 licenzas FGM (licenzas autonómicas)
3º – Solicitar a alta na FEDME
REQUISITOS
Estar dado de alta na FGM.
Pagar a cota de alta: 150 €.
A FEDME esixe un mínimo anual de 5 licenzas FEDME.
Os trámites para a solicitude fainos a FGM.
NOTA.- Lémbrase os clubs con alta só na FGM non poderán facer licencias nacionais, europeas ou internacional.

FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO
Rúa Fotógrafo Ksado, 17
Oficina 10
36209 Vigo
T. 986 208 758
secretaria@fedgalmon.gal
HORARIO
Luns a venres: 08:00 a 15:00 h.
Os martes e mércores ademáis: 16:00 a 19:00 h.
Agosto: Pechado
ATENCIÓN TELEFÓNICA
Luns a venres: 10.00 a 14.00 h. e martes e mércores 16:00 a 19.00 h.


