Outro ano máis a FGM vai celebrar o seu tradicional Encontro de Alpinismo. Nesta edición volvemos a Pena Ubiña, como acontecera a primeira vez que se celebrara este Encontro en 2018, este ano facémolo en colaboración coa FDMESCYL (Federación de Deportes de Montaña y Escalada de Castilla y León).

O alpinismo é un deporte onde participa a aventura e a incerteza por definición, onde as estratexias se modifican sobre o terreo e sempre está presente o factor risco, por iso precisamos manter uns valores que superen regras que non están escritas, de aí a conciencia de grupo e a solidariedade do noso deporte. Velaquí porqué o Encontro pretende crear un espacio periódico de comunicación entre alpinistas e montañeiros, un lugar onde nos encontremos e vexamos as tendencias do alpinismo actual, faremos obradoiros técnico-formativos para todos os públicos, colaboracións con equipos de emerxencias nos que avanzaremos en seguridade, información das condicións da montaña, un PDF coas vías de Peña Ubiña, alén de conferencias divulgativas sobre actividades… o Encontro é para todos e para todas, desde a FGM sentimos que é necesario para seguirmos avanzando en común, encordados, ata o cumio.

O lugar escollido non é casual, Peña Ubiña é o noso tesouro alpinístico e o Val de Babia sempre nos acolleu cos brazos abertos. Torrebarrio e San Emiliano serán os puntos de reunión para este Encontro, perto do refuxio da FGM, e San Emiliano será o lugar onde asistiremos ás charlas e conferencias divulgativas e á cea común, un banquete de conversas e risas cos nosos compañeiros de Castela e León que servira de antesala ao sorteo de material que agradecemos a todos os colaboradores e patrocinadores.

Vémonos en Ubiña….!!!

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade