Celebraranse durante o III Encontro do Alpinismo Galego
(Peñas de Prao -Cubillas de Arbas, León-)
A Federación Galega de Montañismo (FGM) ten a ben convocar por cuarto ano, co paréntese de 2021 pola pandemia, os IVº PREMIOS DO ALPINISMO GALEGO, co obxectivo de recoñecer e valorar as actividades feitas durante este período, ou por unha traxectoria, que vai desde os anteriores premios 2020 ata a concesión dos actuais de 2022, concederanse 3 categorías:
MELLOR ACTIVIDADE (durante o período sinalado: desde febreiro 2020 ata maio 2022)
MELLOR TRAXECTORIA (pode ser traxectoria xuvenil ou a toda unha vida)
MELLOR PROMOCIÓN (actividades de difusión e promoción do alpinismo)
Lembremos que 2020 era a terceira vez que a FGM facía este recoñecemento aos/ás deportistas galegos, entregáronse aproveitando o II Encontro de Alpinismo, en Maraña, sendo daquela premiados:
- MELLOR ACTIVIDADE: LUÍS PENÍN, pola 1ª repetición de Stirb Langsam (M11+, WI6+)
- MELLOR TRAXECTORIA: MANUEL GONZÁLEZ FERNÁNDEZ,por unha vida dedicada ás montañas e ao alpinismo de alto nivel.
- MELLOR PROMOCIÓN: Deserto
Nesta edición volvemos a desenvolver uns premios abertos á comunidade alpinistica galega: calquera persoa, club, empresa ou colectivo pode presentarse, ou presentar a outro que considere merecedor de tal recoñecemento, sen ningún compromiso, simplemente o xurado valorará a súa suxestión. Neste senso pedímosvos toda a colaboración posible!
Estes IVº Premios do Alpinismo Galego, alén dun recoñecemento público, queren pór en valor as actividades que realizan os deportistas e as deportistas galegas neste ámbito, establecer puntos de encontro do alpinismo e visibilizar este deporte, que transgrede o espazo competitivo tradicional, para adentrarse nun contorno máis particularizado onde o salientable é a extraordinaria natureza destas xestas e o mérito deportivo de alto nivel como reto persoal e humano. A aventura non se pode cuantificar pero podemos comprender a súa excelencia igualmente.
CARACTERÍSTICAS XERAIS:
- Quen pode presentarse como candidato/a: calquera que considere que é merecedor/a dunha destas distincións (sexa individuo, colectivo, ou empresa) pode ser candidato e presentarse por si mesmo. Tamén poden ser presentados/as por amigos/as, Clubs, empresas ou outros colectivos que así o consideren, sen ningún compromiso, simplemente o xurado valorará a súa suxestión.
- Período e prazo de presentación: A periodicidade anual veuse afectada pola pandemia, nesta edición, no espazo que vai desde os premios 2020 (febreiro) ata a fin do prazo de presentación, que se estenderá ata o 8 de maio de 2022.
- Categorias: as tres sinaladas anteriormente:
MELLOR ACTIVIDADE (durante o período sinalado).
MELLOR TRAXECTORIA (pode ser traxectoria xuvenil ou a toda unha vida e pode ser unha elección propia do xurado se así o considerasen)
MELLOR PROMOCIÓN (actividades de difusión e promoción do alpinismo)
- Premios: De momento non teñen dotación económica, podería establecerse algún tipo de agasallo supeditado á situación financieira no momento da entrega dos premios. Basicamente constitúen un recoñecemento federativo a estas actividades non competitivas. O xurado pode considerar deixar algún premio deserto.
- Xurado: Os premios serán concedidos por un xurado plural, expertos/as en varios ámbitos do alpinismo, cunha traxectoria deportiva contrastada e, en xeral, alleos á directiva da FGM. O número de persoas que formarán o xurado será de 5, que chegarán a un acordo, na medida do posible, ou votarán en caso de discrepancia. Calquera membro do xurado que fose proposto para algún premio ausentarase das deliberacións e/ou votacións da categoría á fose presentado/a. Un dos membros do xurado, nomeado polo propio xurado, será o Coordinador e, xunto con alguén da Vogalía de Alpinismo da FGM -que non terá nin voz nin voto-, supervisarán a admisión de actividades e as propostas de premios nunha aplicación informática, alén de aclarar as dúbidas, en caso de xurdir, sobre este regulamento.
- Como enviar as candidaturas:
Cómpre cubrir o formulario da páxina web da FGM https://forms.gle/FGwe8KJHfx1fBhGg9 PREME AQUÍ
Nome e apelidos (de quen presenta a proposta)
Teléfono (de quen presenta a proposta)
Dirección electrónica (e-mail) (de quen presenta a proposta)
Categoria á que se presenta.
Titulo da actividade
Datas de execución
Nome das persoas que realizan a actividade Datos de contacto: tlf, mail…
Descrición da actividade
Foto principal
Outras fotografías
Expediente (dossier) da actividade (pdf)
Outras cuestións a considerar polo xurado