LIGA DE MARCHA NÓRDICA

Marchadoras e marchadores:

Dende a Vogalía de Marcha Nórdica, en colaboración cos clubes galegos, poñemos en marcha a Liga Galega de Marcha Nórdica 2025, co obxectivo de difundir esta modalidade a través de eventos non competitivos.

Filosofía da Liga

  • Gozar da marcha nórdica sen presión competitiva.
  • Non haberá clasificacións relevantes: cada quen esforzarase ao seu ritmo.
  • Obxectivo final → convivencia, deporte e contacto coa natureza.
  • Para as persoas que se estean iniciando, haberá unha charla técnica inicial antes de cada evento.

Estrutura do circuíto:

  1. O circuíto consta dunha proba en cada provincia.
  2. Valorarase de maneira especial a participación nas 4 probas.
  3. No primeiro evento entregaráselle a cada participante unha cartilla, que deberá selar en cada proba. (Só se selará unha cartilla por persoa)
  4. Ao final do circuíto, quen complete todas as probas poderá acreditar que fixo a Liga ao completo.

Datas e horarios

Animádevos a percorrer con nós este camiño nórdico polas catro provincias galegas e a gozar da marcha nórdica!

TEMPADA 2025

FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO

Rúa Fotógrafo Ksado, 17
Oficina 10
36209 Vigo

 

T. 986 208 758
secretaria@fedgalmon.gal

 

HORARIO

Luns a venres: 08:00 a 15:00 h.
Os martes e mércores ademáis: 16:00 a 19:00 h.

Agosto: Pechado

ATENCIÓN TELEFÓNICA

Luns a venres: 10.00 a 14.00 h. e martes e mércores 16:00 a 19.00 h.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade