Dende a FGM queremos presentarvos un novo circuíto de difusión da Marcha Nórdica que comezará o vindeiro 27 de Setembro.

Tratase da Liga Galega de Marcha Nórdica que consta de 4 probas, unha por provincia e que ten un carácter NON COMPETITIVO para que todas as persoas que o desexen, sexa cal sexa o seu nivel físico e técnico, poidan desfrutar dunha xornada con outros deportistas practicando marcha nórdica e desfrutando dos fermosos lugares que existen espallados por toda Galicia.

O calendario de eventos é o seguinte:

Taboada (Lugo) – 27 de setembro, con saída as 17:40, para a cal xa están as Inscricións abertas 

Ourense – 25 outubro · 11:00 h

A Coruña – 15 novembro · 11:00 h

Salvaterra (Pontevedra) – 28 decembro · 11:00 h

Mais información proximamente na web da federación e nas nosas RR.SS.

Agardamos contar con todos vos participando e apoiando esta nova iniciativa!


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade