Desde a vogalía de Andainas e Sendeirismo da FGM, queremos convidarvos á próxima actividade da nosa vogalía a Marcha Galega de Veteráns FGM 2025, coa ilusión de reunir o maior número posible de deportistas e clubs de toda Galicia.

Data: Domingo 21 de setembro de 2025
Organiza: Sociedade de Montaña Ártabros + Vogalía de Andainas e Sendeirismo FGM
Evento: Marcha Galega de Veteráns FGM 2025
Lugar: Encoro de Portodemouros (A Coruña – Pontevedra)

Datos de interese:

  • Actividade exclusiva para persoas federadas

  • Número mínimo de participantes por club: 15

  • Peche de inscricións: 17 de setembro

  • Prezo de inscrición por persoa: 17 €

  • Percorrido: Vila de Cruces – Larazo – Cortegada – cruce do encoro en ferri – Beigondo. 17 km

  • Desnivel negativo: 493 m

  • Desnivel positivo: 274 m

  • A organización ofrecerá un almorzo no Remanso de Cosme ao rematar a ruta

  • Haberá bus lanzadeira de regreso aos coches no punto de inicio

Lugar de inicio: Casa do Concello de Vila de Cruces

Animámosvos a participar e compartir esta experiencia, para vivir unha xornada de convivencia, deporte e natureza polos fermosos sendeiros galegos!


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade