¡Xa temos o novo equipo galego de Marcha nórdica! Nacho García, recentemente nomeado seleccionador/adestrador do equipo galego de marcha nórdica, acaba de terminar as probas de selección que tiveron lugar na Coruña e en Vigo.

EQUIPO FEMININO
EQUIPO MASCULINO

A estas presentáronse máis de 25 deportistas de toda Galicia co obxectivo de poder representar á súa autonomía no campionato de España. Traballo complicado pero que finalizou coa formación do primeiro equipo galego de marcha nórdica, composto por 8 mulleres e 8 homes.

Este é un primeiro paso na competición da marcha nórdica en Galicia e a partir de aquí, de seguro, haberá moitos máis.

Hoxe faltan 20 días para o comezo do Campeonato de España de Marcha Nórdica A Coruña 2021 (Campionato de España Individual e por Autonomías de Marcha Nórdica). Celebrarase na Coruña o día 6 de xuño nas inmediacións da Torre de Hércules, un marco incomparable, que xa no seu día no ano 2019 acolleu a 1ª competición oficial de marcha nórdica.

¡A marcha nórdica en Galicia no ámbito da competición cada vez está máis presente!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.