Con 48 marchador@s en  competición e 57 populares, botou andar por primeira vez o circuíto de Marcha Nórdica da Federación Galega de Montaña.
Ás 10.30 despois dunha master class, a cargo de José “Siso”, e os preceptivos quecementos, deuse á saída a esta proba organizada impecablemente por los compañeir@s del Vía Láctea, que ademais era o seu estreo na celebración de eventos, ocupando toda a alameda de Santiago: A Ferradura: mais visibilidade imposible, no corazón de Galicia.

A falta de árbitros  oficiais (un baleiro pendente, a cubrir en breve pola Federación), actuaron na mesma, Cecilia y Nacho, o noso  actual seleccionador que de paso estivo tomando nota para a proba por selecciones de Setembro, a celebrar en Pontevedra.

Si o año pasado á Coruña acudiuse cunhas seleccions masculina y feminina, configuradas axiña, este ano os 16 postos  van a estar mais reñidos.
A participación foi tremendamente repartida por 20  clubs, de todos os puntos de Galicia: ASESOU, CLUB DE MONTAÑA CORUÑA, CLUB MARCHA NÓRDICA A CORUÑA (premio o mais numeroso), CDM XESTEIRAS, CLUB NORDIC WALKING VIGO, CLUB PEDROSA, CLUB PEÑA TREVINCA – MONTAÑEIROS DE GALICIA, CLUB VÍA LÁCTEA, CORNELIOS, GALICIA MÁXICA TRAIL, MAIS QUE AUGA, NORDIC WALKING LUGO, O CARROUCHO, O CORDAL DE LUGO, ORIVIP TEAM C.S. TRITÓN, SALUD Y MOVIMINTO, SOCIEDAD DE MONTAÑA ÁRTABROS, TRABANDAINAS, VERSO LIBRE.

A entrega das medallas ,estivo presidida polo presidente da FGM, a concelleira de Deportes de Santiago, Esther Pedrosa, e o Pt. da Agrupación Local de Cruz vermella de Santiago, que fixeron un espectacular desligue, precisamente no seu día grande

O bo ambiente foi dende principio a fin da convocatoria. A partires de aquí ábrense varios dilemas: Van a ser os compañeiros de Vía Láctea, mellorar o deste ano? Cantas probas van queres facer os clubs o ano que ven?. O que é certo que o 5 de xuño estaremos de novo tod@s xunt@s, en Pereiro de Aguiar (Ourense) ca segunda cita desde ano!


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade