Na carreira absoluta, cun percorrido de 22 km (+1530 metros), con maior número de participantes, foi gañada, na categoría masculina, por Marcos Naya (Traileros Toxo&Birras), seguido por Adrián Rodríguez (Running Sport Trail) e Daniel Pazó (Atletismo Baiona). Na parcela feminina as tres primeiras posicións foron para Alina Cimpean (GTR Galáico Trail Run), Bea Barroso Pérez (Tribu Trail) e Rosa María Araujo Losada (Running Sport Trail).
Houbo tamén unha carreira curta de 13 km (+600 metros), así como distancias ofertadas ás categorías inferiores que oscilaron entre os 300 metros (Pelaouros); 1,4 km (Penedos); 2,5 (Picoutos) e 7,5 km, (+310 m.), (Cadetes). Paralelamente, celebrouse unha andaina de 13,5 km (+480 metros).
Satisfacción xeral dos participantes e organización ao rematar esta importante xornada. Podedes acceder aos resultados de cada categoría no seguinte ligazón: Club Vértice | Desafío Vértice (clubvertice.es)