Arranca a nova promoción do ENAG e seguimos co PROTA “Programa de Tecnificación de Alpinismo” para manter a Galicia co seu oco no alpinismo Nacional. Grazas a FGM, Vogalia de Alpinismo e Director Técnico, polo seu esforzo na continuidade deste proxecto nun ano con moitísimos cambios a nivel institucional, cun cambio tamén na dirección da Federación Galega de Montaña.

Nesta primeira concentración na montaña de León, co equipo formado por Paula, Manu, Cesar, Miguel e Josito como Técnico. O obxetivo era coñecerse como equipo tanto a nivel persoal como a nivel deportivo así como expresar ideas e inquietudes.

O plan A era sacar os piolets e crampóns aproveitando as últimas nevadas no Ubiña ainda que a primaveira adiantouse e as condicións fixeron cambiar o rumbo para o plan B en Peñas de Prado e Peña La Forcao, para centrarse na escalada en parede sobre percorridos de autoprotección incluindo a leitura dos itinerarios, nun fin de semana de condicions primaverais, frio o primeiro día e sol o segundo día.

O equipo escalou varios itinerarios reseñables destas carismáticas e salvaxes paredes.

A primeira concentración rematou ca satisfación de todo o equipo e con moitas ganas das próximas actividades.

Sábado 1 de Abril. Penas Do Prado, Vía Tubullar Bells, MD+, 7a o 6b/Ao, 240m

Domingo 2 de Abril. Pena Forcao. D, 6a/A0, 200m


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade