Estimadas xentes dá montaña de Galicia, Son Alejandro López, presidente da Federación Galega de Montañismo dende Xuño de 2024.
Moitos xa me coñecedes, pois son vintecinco anos os que levo federado e os últimos vinte moi directamente relacionado coas actividades desta federación.
Con motivo da vacante na presidencia da FGM decidín dar un paso á fronte e tratar de achegar o meu granito de area na xestión desta Federación que conta con máis de 7.700 federados.
Foron seis meses de duro traballo dende que en xuño de 2024 contei co apoio da asemblea, seis meses nos que o primeiro obxectivo sempre foi conformar un equipo de xente con visión montañeira, experiencia e ganas de contribuír a impulsar a nosa modalidade deportiva en todas as súas especialidades.
Creo que o primeiro paso está dado e quixese agradecer a todos os que altruistamente están a botar unha man, o seu labor.
Nestes seis meses tratamos de poñer o “barco” de novo en marcha: sacamos adiante o calendario oficial, en meses de duro traballo; reactivamos as comisións federativas, aprobamos e modificamos regulamentos e conseguimos algúns avances de fronte ao 2025.
Entre as novidades máis destacadas atópanse as seguintes:
-
- Conxelamos e/o rebaixado o prezo das licenzas, creando unha nova licenza Autonómica para actividades de baixa siniestrabilidade (sendeirismo, marcha nórdica, andainas) e creado unha licenza máis barata para mozas de 18 a 25 anos.
- Optimizamos e automatizamos o sistema de altas de licenzas con protocolos de protección de datos que deben asinar os clubs en representación dos seus federados e de consentimento informado (obrigacións legais que nos veñen impostas para poder informar a todos os colectivos dos riscos das prácticas deportivas), así como do tratamento de imaxes.
- Renovamos as redes sociais e a páxina web, con ánimo de poder ser máis visibles entre o colectivo e que as vosas actividades tamén os sexan.
- Creamos unha central de reservas para refuxios, para que de forma automatizada poidades reservar as vosas pernoctas.
- Iniciamos actividades de divulgación e fomento da protección ambiental, charlas técnicas, etc. coa presenza de primeiras figuras do montañismo nacional e internacional.
- Realizamos convenios con diferentes entidades, por exemplo co “REAJ” para que a licenza teña asociado o carné de alberguista.
- Iniciamos reunións coa secretaria xeral para o deporte, grupos parlamentarios, deputacións e consellarías.
Inda queda moito traballo por facer e agardamos que o ano 2025 sexa o do impulso cara a unha modernización da Federación na que contamos con TODOS e TODAS vós para poder seguir desenvolvendo o noso deporte de base, as nosas actividades tradicionais e competitivas e sobre todo, o fomento dos valores da montaña que dende sempre foron o piar desta Federación: o respecto polo deporte e pola natureza.
Querería despedir esta carta co obxecto fundamental desta mesma nunhas datas como estas. Desexando o mellor ao conxunto de colectivo de federados galegos. Co anhelo dun moi bo Nadal e un próspero ano 2025 cheo de actividades, proxectos e soños, desexando que todos eles poidades celebralos con saúde e rodeados da vosa xente máis querida.
Recibide un afectuoso saúdo e felices festas.
Alejandro López Sánchez
Presidente FGM