Dende a Federación Galega de Montañismo (FGM) promovemos accións positivas para a integración da muller nos deportes de montaña. Fomentamos a participación das mulleres no ámbito da actividade física e o deporte, superando as barreiras ou obstáculos que aínda hoxe día dificultan a realidade dunha práctica deportiva con equidade de xénero.
A muller pode disfrutar da natureza e a montaña a través de diferentes modalidades deportivas que fomenta a FGM: sendeirismo, marcha nórdica, escalada, alpinismo, carreiras por montaña, esquí de montaña, ferratas, barrancos… de tal forma que as mulleres poidan aprender e disfrutar da natureza e do deporte.
Por iso a FGM aprobou no 2017 a adhesión ao manifesto pola igualdade e participación da muller no deporte.
A Federación pretende proseguir escribindo a historia da muller alpinista, promover a súa presenza nas diferentes actividades que se promoven desde a FGM e desde a Escola Galega de alta montaña (EGAM); nos grupos de tecnificación, así como en profesións ligadas ao montañismo, visualizando a súa presenza decidida no panorama actual da montaña.
Ademais da nosa web, tamen podes atopar nas nosas redes todas as actividades que realizamos e noticias que afectan o mundo profesional, competitivo e deportivo das mulleres na montaña.
Outras accións: Adopción do acordo de anexión á Acción colectiva de sensibilización social, contra as violencias machistas. (Poñer logos)
“En Negro Contra As Violencias” é unha campaña de denuncia e sensibilización social contra a violencia de xénero promovida por máis de 70 concellos galegos.
Os obxectivos da campaña son:
- Fomentar unha acción de sensibilización cidadá contra as violencias machistas no ámbito.
- Implicar ao tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como a toda a cidadanía, nunha resposta colectiva de rexeitamento da violencia de xénero e dos asasinatos machistas.
- Identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións verbais que están detrás da violencia de xénero a través do uso de materiais de campaña específicos por parte da cidadanía, establecementos comerciais e axentes sociais.