O pasado luns tivo lugar unha xuntanza entre o Concelleiro de Deportes do @ConcelloSanxenxo, Daniel Arosa, e o Responsable de Equipamentos e Mantemento de zonas de escalada da #FedGalMon, Alfonso Louro, na que se presentou a posibilidade de reequipar a zona de escalada de #Sanxenxo que se atopa ao lado do mar, o que o representante do concello valorou moi positivamente, xa que incorporar esta nova modalidade á oferta deportiva actual reforza o valor de reclamo turístico e deportivo da zona.

Aproveitamos para recordar que tanto as vías equipadas con parabolt A2 da zona de Sanxenxo como as da zona de Monteferro son potencialmente perigosas por risco de rotura súbita debido á corrosión interna (stress corrosion carcking -SCC), polo que desaconsellamos totalmente a escalada nestas vías ata que se reequipen con material axeitado para evitar ou reducir este tipo de corrosión.
¡Agardamos de bo grado poder comezar pronto con estes traballos e poder desfrutar de todo o que Sanxenxo nos ofrece!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

FGM 2020