Comprácenos anunciarvos os detalles da primeira das actividades en colaboración FGM-FOP (Federación Galega de Montañismo – Fundación Oso Pardo) no marco do Proxecto LIFE Osos con Futuro, que levarase a cabo o vindeiro sábado 6 de maio nunha zona con presenza de oso pardo en Galicia.

A actividade é de balde e oriéntase a informar e formar aos usuarios dos sendeiros e montañas sobre como comportarse ante a presenza dun oso pardo. Percorreremos, acompañados de dous guías da Fundación Oso Pardo, aprox. 11 km da fermosa senda fluvial do río Lor dende Zanfoga (Pedrafita) ata o Acampamento do Caurel (Folgoso do Caurel).

O sendeiro é de dificultade media-baixa, e recomendamos a participación de menores acostumados a camiñar a partires dos 6 anos. Os menores deberán vir cun adulto ao seu cargo.

A hora estimada de saída é as 9:30 h no Acampamento O Caurel, de onde partiremos en taxis ata Zanfoga. Aínda que ao remate da actividade confraternizaremos cun pincho, recomendamos levar algo de comida e auga para o camiño.

Dado que as prazas son moi limitadas (30 prazas), pregamos aos inscritos que por causas de forza maior non poidan asistir, nos avisen o antes posible para poder facer uso da lista de agarda. Tamén que dentro das vosas posibilidades, vos organicedes en transporte compartido ata o punto de saída en taxi para deste xeito mobilizar o mínimo posible de vehículos e diminuír a pegada de carbono da actividade.

Para inscribirte preme no seguinte enlace: INSCRICIÓN SENDEIRISMO E OSOS CON FUTURO

Prazo de inscrición: ata o 28 de abril. Se quedasen prazas libres, ata o mércores 3 de maio de 2023.

O día anterior porémonos en contacto convosco por correo electrónico para formalizar os detalles da actividade e o lugar/hora de encontro. Para calquera dúbida podedes contactarnos nas canles habituais da FGM: https://fedgalmon.gal/

Con este evento participaremos como federación no evento da “Semana de Senderismo 2023 FEDME” optando ao “Premio á mellor actividade medioambiental”.

Por un Sendeirismo e Osos con Futuro


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade