Dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, colocáronse sinais onde se indicaba a prohibición da escalada no sector Calabera do Faro de Budiño por nidificación de aves (Falcón Peregrino).
A prohibición será efectiva até o 30 de xuño.
Escaladores locais e membros de Escalada Sostenible Galicia (ESGa), en colaboración con técnicos de medio ambiente, levan tempo traballando pola regulación administrativa e correspondente sinalización da práctica da escalada nesta zona.
Dende a FGM pregamos aos escaladores o máximo respecto neste período tan crucial para as aves rupícolas, e a difusión deste aviso. Dado que outras zonas de escalada poderán sumar restricións, recomendamos que os usuarios planifiquen con antelación as súas escaladas no medio natural informándose na normativa de aplicación ou das posibles restricións antes de acudir a unha zona de escalada.
Para calquera dúbida podedes contactar ca Vogalía de Accesos e Escalada no Medio Natural da FGM en: escalada.mantemento@fedgalmon.gal