O vindeiro 23 de novembro, o Club ASESOU coa colaboración da Federación Galega de Montañismo organiza en Ourense unha xornada formativa sobre a marcha nórdica destinada especialmente a mulleres. De 10 a 13 horas, no local do ASESOU, poderás participar nun completo programa que aborda a anatomía feminina, a respiración consciente, a protección do solo pélvico e a importancia da consciencia corporal durante o exercicio. Acabaremos a xornada practicando a Marcha Nórdica.

Contaremos coa matrona María José Rebollido e a instrutora Piluca Vázquez Fariña para guiarte na práctica e resolver dúbidas nun coloquio final. Se queres mellorar a túa saúde e desfrutar da natureza en igualdade, apúntate gratis!

DATA: 23 de novembro de 10:00 a 13: 00 h.

LUGAR: ASESOU, Rúa Avilés de Taramancos 2 – Baixo. Ourense

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade