
O granito da parede da Meadinha, no Parque Nacional da Peneda Geres, recibiu a visita do Equipode Novos Alpinistas Galegos (ENAG), o obxectivo era comezar a movernos en vías con certo carácter, gañar experiencia na utilización do material, tanto en libre como en artificial, e iniciarnos nas técnicas de grandes paredes co izado de petates e montaxe e utilización da hamaca, aprendendo a montarnos o hoteliño. toda unha experiencia! Aproveitamos todo o que poidemos, o sol desde primeira hora da mañá, con altas temperaturas, convertía a parede nunha tixola, aínda así desenvolvimos gran parte do programa e percorrimos algunhas das tiradas máis bonitas deste marabilloso lugar.
Coincidimos os dous días con varios escaladores que estaban realizando traballos de limpeza, moi necesarios nalgunhas rotas, aplaudimos o seu labor desinteresado, e en xeral bastante desagradable, para que outros e outras podamos gozar coas fendas de lenda que percorren este murallón
impresionante de granito, o noso particular Yosemite… practicamente ao lado da casa!
Xosé Otero