O pasado 14 de Novembro tivo lugar a posta de largo da nova Escola de Escalada Clásica Penas de Vilarín.

Este spot de escalada foi promovido pola Federación Galega de Montañismo en colaboración có Concello de Baleira.

A mesma asistiron Marta Miguez Telle secretaria Xeral para o deporte,Manuel Otero Méndez delegado provincial de deportes da Xunta de Galicia e Ángel Martínez Puga alcalde do Concello de Baleira.

Marta Miguez formou unha cordada con Xosé Manuel Perez Prego e Xosé Otero conseguindo encadear dúas vias -Diedro Rebuffat e Toxos- .

Manuel Otero formou cordada con Nacho Castro e Javier Fernandez para encadear Dr Jorge.

Este área complementase coa Escola de Escalada deportiva de A Fontaneira inaugurado no pasado mes de Xullo.

En breve editarase guía de escalada da zona con bosquexos, accesos e información de utilidade.

¡NORABOA POLO VOSO TRABALLO!

VÍDEO: MARTA MÍGUEZ INAUGURA LA NUEVA ZONA DE ESCALADA DE BALEIRA