Existe unha novidade para todos os federados Galegos a partir 01-01-2026, a FEDME, na cal estamos integrados, chegou a un acordo de colaboración coa Asociación Correspondencia de Refuxios.

Que é a Correspondencia de Refuxios?

A creación da Asociación de Correspondencia Mutua de Refuxios levouse a cabo entre catro federacións de montaña (Aragón, Cataluña, Asturias e Navarra), para traballar e mellorar o servizo aos montañeiros que utilizan os refuxios de montaña.
A principal consecuencia para nós é, que a partir do 1 de xaneiro de 2026, todos os federados FEDME da nosa federación Galega terán descontos nos refuxios xestionados por estas catro Federacións e tamen o resto de refuxios FEDME do resto das federacións autonómicas de montaña.

Os refuxios de montaña son instalacións deportivas difíciles e custosas de xestionar, pero á súa vez fundamentais para poder realizar moitas actividades de montaña, e sobre todo poder facelas con maior seguridade.

Debe ser compromiso de todos o contribuír a que os refuxios poidan manterse e mellorarse. Isto vai redundar sen dúbida en beneficio de todos os seus usuarios.

Outras vantaxes:

Ao estar federado FEDME Implica a pertenza directa ao Convenio internacional de reciprocidade no uso dos refuxios de montaña.

Obxecto do convenio

O convenio internacional de reciprocidade no uso dos refuxios de montaña ten por obxecto apoiar o alpinismo concedendo aos membros das asociacións participantes dereitos de reciprocidade no uso dos seus refuxios de montaña nos Alpes, os PirIneos, Sierra Nevada, os Picos de Europa e os Apeninos, baseándose no principio da reciprocidade.

O dereito de reciprocidade implica que en calquera refuxio que pertenza a unha das asociacións participantes, os membros de calquera das devanditas asociacións gozarán dos mesmos dereitos e deberes que os membros da asociación propietaria do refuxio, especialmente no que respecta a a tarifa de pernoita.

Paises e organizacións que pertencen a este convenio:
• Schweizer Alpen-Club (Suíza)
• Deutscher Alpenverein (Alemaña)
• Österreichischer Alpenverein (Austria)
• Fédération Francaise des Clubs Alpins et de Montagne (Francia)
• Club Alpino Italiano (Italia)
• Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME)
• Refuxios de PZS (Eslovenia)
• LAV (Lienchestein)
• AVs/AVS (Sudtirol)


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade