Grazas, Paio
A Federación Galega de Montañismo quere expresar o seu recoñecemento e agradecemento a Paio Xosé Álvarez López polo labor desenvolvido como Seleccionador Galego de Escalada, así como pola súa contribución ao crecemento e fortalecemento da escalada galega de...
O sábado 16 de maio celebrouse en Salvaterra a primeira proba da Copa Xunta de Galicia e o Open de Marcha Nórdica
Unha alta participación de máis de cen camiñantes, xunto cun bo tempo, fixo que o circuíto do Parque da Canuda estivese cheo e que o ambiente fose fantástico. Airiños, dirixido por Isidro, xunto cun grupo de voluntarios, converteuno nun evento de cinco estrelas. Ata a...
Campionato de Boulder na Estación de Manzaneda
O vindeiro 13 de Xuño a escalada para categorias de base volve ao rocódromo de Manzaneda, anímate! O próximo 13 de xuño, a Estación de Montaña de Manzaneda converterase no escenario dun Campionato de Boulder para as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete...
A FGM participa na actividade INTERCENTROS da FEDME en Asturias
Esta fin de semana a localidade asturiana de Entrego acolleu unha nova edición da actividade INTERCENTROS organizada pola Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME), unha cita destinada ás categorías de base e ao intercambio deportivo entre...
Éxito no Día do Sendeirista Galego 2026 na Ribeira Sacra do Miño
O pasado 17 de maio celebrouse unha nova edición do Día do Sendeirista Galego, unha cita que este ano tivo como escenario o espectacular espazo natural da Ribeira Sacra de Lugo, a carón do río Miño. A actividade, de carácter exclusivo para persoas federadas, estivo...
Turismo de Galicia pecha a renovación do sendeirismo homologado en Galicia
Noticia publicada en Xunta.gal A Xunta fortalece así a oferta de turismo de natureza, un segmento estratéxico cunha elevada estadía media de 7,8 noites, superior á media xeral da comunidade O acordo asinado hoxe permitirá actuar sobre 77 sendas homologadas das...
Expedición Roberto López: “O tempo non espera… e no Himalaia síntese máis ca nunca”
Despois de chegar ao C2 do Makalu, unha forte afonía obrigoume a baixar desde o ABC para recuperarme. Foron días duros, sen voz, pero tamén cheos de humanidade: sherpas, cociñeiros e xente marabillosa coidando de min cun sorriso, un té quente ou un simple xesto....
Os nosos deportistas Eloy Martínez e Emma Méndez conquistan Croacia!
Na xornada inaugural do décimo Campionato do Mundo Xuvenil de Skyrunning, celebrado en Croacia, a rocha e o mar prometían ser os protagonistas, pero o verdadeiro espectáculo proporcionouno o sufrimento, o ácido láctico e o talento desbordante do Equipo Español FEDME....
Os deportistas da FGM Enma Méndez e Eloy Martínez incluídos na Selección Española de Skyrunning
Os deportistas da nosa Federación EMMA MÉNDEZ MARTINEZ e ELOY MARTINEZ FARO foron incluídos na Selección Española FEDME para participar no Mundial Xuvenil de Skyrunning que se disputará en Croacia os dias 8 ao 10 de maio. Dende a Federación, queremos felicitar aos...
Un ano máis chega o “Día do Sendeirista Galego”
O Día do Sendeirista Galego será o vindeiro 17 de Maio e percorreremos o PR-G 162 na Ribeira Sacra de Lugo a Carón do río Miño. A saída terá lugar as 10:00 ao carón da estrada N- 120 en Segade. Unha vez rematada a andaina teremos a posibilidade de repoñer forzas na...
Esta fin de semana celebrouse no Monte Xalo a I Xornada de Tecnificación en Carreiras por Montaña
Esta fin de semana celebrouse no Monte Xalo (A Coruña) a I Xornada de Tecnificación en Carreiras por Montaña (CxM) para categorías base, unha iniciativa organizada coa colaboración do club K2 de Ordes, ao que queremos agradecer sinceramente todo o traballo realizado...
I Proba da Copa de España de Escalada de Dificultade celebrada en Cáceres
Dende a FGM, queremos por en valor o gran rendemento e a calidade técnica amosada por todos os nosos deportistas. Fixestes un traballo impecable, competindo ao máximo e demostrando que o esforzo nos adestramentos dá os seus froitos no muro. Parabéns a todos polo voso...











