986 20 87 58

¡Chámanos!

VIGO

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209

O PROGRAMA DE TECNIFICACIÓN DE ALPINISMO DA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO XA CONTA CUN NOVO EQUIPO DE NOV@S ALPINISTAS GALEG@S (ENAG

O PROGRAMA DE TECNIFICACIÓN DE ALPINISMO DA  FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO XA CONTA CUN NOVO EQUIPO DE NOV@S ALPINISTAS GALEG@S
(ENAG)
 
Debido a múltiples problemas de organización e planificación relacionados co período de confinamento, e con toda a problemática derivada do impacto queo COVID-19 está tendo sobre as nosas vídas, esta escolla de mozos e mozas para formar parte do novo ENAG durou máis do desexado.
 
Finalmente despois dunha selección difícil que se celebrou durante dúas fins de semana, un centrado na escalada en neve e na alta montaña e outro naescalada en rocha, podemos comunicarvos que o novo ENAG está formadopor:
 
✔ Adrián Álvarez Varela
✔ Daniela Andreia Carvalho Oliveira
✔ Jaime Larriet Gancedo
✔ Pablo Brea Garrido
 
Agradecer a participación de todos os aspirantes, parece que a mocidade galega cada vez se vai interesando máis polo alpinismo, o nivel comeza a ser notable porén, desgrazadamente, a Vogalía de Alpinismo non pode llegar máis aló.
 
Noraboa a tod@s!!esperamos que os próximos tres anos sexán proveitosos para percorrer o camiño de formarnos como alpinistas ao máis alto nivel Agradecer a colaboración de TORRE DE NUÑEZ que nos acompañará como patrocinador nesta aventura. Coa súa mascota FOCIÑOS compartiremos escaladas e refuxios.
 
https://www.torredenunez.com/es/
 

Sign Up for Our Newsletter

Get weekly email containing tips about construction and everything relating with it

Zero spam. You can unsubscribe anytime

Skip to content