Non pode ser mellor día hoxe para presentarvos o novo facebook da FGM “MULLER , DEPORTE E MONTAÑA FGM”
Os obxectivos desta páxina serán os seguintes:
- Visualizar as actividades que organizan e/ou desenvolven deportistas femininas das diferentes modalidades desta federación deportiva.
- Divulgar as actividades organizadas polos clubs inscritos nesta federación, nas que participan deportistas femininas.
- Divulgar actividades de interese para as deportistas de diferentes ámbitos: formativo, educativo, deportivo, da saúde, familiar, científico…
- Divulgar eventos, cursos, xornadas… organizadas pola Federación Galega de Montañismo, que poidan realizar mulleres.
- Visualizar as persoeiras e iniciadoras dos nosos deportes, tanto no ámbito da xestión, como deportistas.
- Divulgar o traballo, sempre que o desexen, de mulleres que colaboran na xestión dos clubs deportivos inscritos nesta federación.
Dende aquí animamos a todos os clubs inscritos na Federación Galega de Montañismo, as e os deportistas, que nos acheguen a información que desexen divulgar a este correo:
mulleredeporte@fgmontanismo.es
A Federación pretende proseguir escribindo a historia da muller alpinista, promover a súa presenza nas diferentes actividades que se promoven desde a FGM e desde a Escola Galega de alta montaña (EGAM); nos grupos de tecnificación, así como en profesións ligadas ao montañismo, visualizando a súa presenza decidida no panorama actual da montaña.
¡NORABOA A TODAS AS MULLERES HOXE E OS DEMAIS DIAS DO ANO!